4. Un exemplo
4.1 Un modelo recomendado para principiantes ambiciosos
Un modelo común é crear particións /, /home
e /var como se explicou antes. Isto é simplemente instalar,
manter e distinguir o suficientemente ben para evitar os efectos adversos
dos diferentes tempos de vida. Tamén encaixa no modelo da copia de
seguridade: case ninguén se molesta en facer copias de seguridade
das noticias de USENET e só paga a pena facer copias de seguridade
dalgúns ficheiros de /var (vénseme á mente
/var/spool/mail). Por outra parte, / case nunca cambia
e poden facerse copias de seguridade baixo demanda (despois de cambios
de configuración) e é o suficientemente pequena como para
caber nos máis modernos medios de copia de seguridade nunha copia
completa (de 250 a 500 MB dependendo da cantidade de software instalado).
/home contén datos de usuario valiosos e debería
de facerse unha copia diaria. Algunhas instalacións teñen
/homes moi grandes e debe usarse o modo incremental.
Algúns sistemas poñen tamén /tmp nunha
partición separada, outras cun enlace simbólico a /var/tmp
para conseguir o mesmo efecto (ten en conta que isto pode afectar ao modo
de usuario único, onde /var pode non estar dispoñible
e o sistema non terá /tmp ata que a crees ou montes /var
manualmente) ou póñena nun disco de RAM (Solaris por exemplo
fai isto). Isto mantén a /tmp fóra de /,
que é unha boa idea.
Este modelo tamén convén para actualizacións ou
reinstalacións: salva os teus ficheiros de configuración
(ou o /etc enteiro) a algún directorio de /home,
desfaite do teu /, reinstala e vai a buscar as vellas configuracións
ao directorio gardado en /home.