|
|
|
Orixinalmente tiña Windows 95 no disco primario, IDE, e Linux no secundario, tamén IDE. O disco do Linux pasou a ser o meu terceiro disco, ao instalar un novo IDE como secundario. Aínda que non o tentei con diferentes configuracións, creo que a orde na cal cada sistema operativo é instalado ou en cal disco duro é instalado é importante.
Lémbrate de crear os discos de arranque de emerxencia para cada un dos sistemas que instales cando a oportunidade sexa ofrecida.
Debido a que usei a utilidade de Gilles Vollant´s Bootpart, e esta só soporta unidades ata 4GB, isto poida que non funcione en caso de discos con maiores capacidades.
|
|
|