Tes que instalar as bibliotecas compartidas de Linux se os teu binarios de Linux están enlazados dinamicamente. As bibliotecas están engadidas en FreeBSD 2.2.{2,5,6} coma o paquete linux_lib-2.4.tgz
. Executa o seguinte comando pra instalar o paquete:
pkg_add <ruta_a_paquete>/linux_lib-2.4.tgz
<ruta_a_paquete> é o directorio onde se almacena o paquete. Podes cargalo tamén dende a rede:
pkg_add ftp://ftp.freebsd.org/pub/FreeBSD/packages-stable/All/linux_lib-2.4.tgz
ou reexecutando /stand/sysinstall
. Entra "Configure", "Packages" e utiliza os menús. Deberías executar o seguinte comando se tes en execución binarios de Linux enlazados estaticamente:
brandelf -t Linux <nome_do_binario_enlazado_estaticamente>